Instaladores autorizados en sistemas de climatización

Empresa de climatización e aire acondicionado en Pontevedra

Mellora o confort da túa vivenda ou negocio cun bo sistema de climatización

Todos os profesionais que compoñemos o equipo humano de Kenfri dispoñemos dunha ampla experiencia na instalación de aire acondicionado en Pontevedra, así como tamén nos sistemas de climatización para gozar dunha temperatura óptima tanto nos días de calor como nos fríos días de inverno. Aínda que as instalacións da nosa empresa de aire acondicionado e climatización atópanse en Pontevedra, a nosa filosofía de traballo baseada nunha formación constante e unha total implicación coas necesidades do cliente fixo posible que nos despracemos por todo o territorio galego e mesmo a nivel nacional para ofrecer os nosos servizos de aires acondicionados e sistemas de climatización.

Estamos ao dispor de todo tipo de clientes, pois traballamos tanto para particulares e empresas como para outras entidades, pois levamos a cabo traballos de instalación de aire acondicionado ou sistemas de climatización en hospitais, naves industriais, centros comerciais... O noso máximo obxectivo é conseguir a satisfacción do cliente e poñer solución ás súas demandas; isto lográmolo combinando unha atención personalizada que implica a elaboración de proxectos a medida, a utilización de materiais de primeira calidade e a gran formación da que dispoñen todos os membros do noso equipo.

Goza dunha temperatura perfecta todos os días do ano grazas aos sistemas de climatización en Pontevedra que instalamos! Se queres saber máis sobre este servizo segue lendo ou ponche en contacto co noso equipo, estaremos encantados de resolver calquera dúbida que che poida xurdir sobre o aire acondicionado ou a climatización.

Mejora el confort de tu vivienda o negocio con un buen sistema de climatización

Onde podemos colocar sistemas de climatización?

Pequenas superficies

Somos especialistas no sector e dedicámonos a instalar aire acondicionado en calquera propiedade como, por exemplo, vivendas, locais comerciais ou oficinas. Coñecemos á perfección o funcionamento do aire acondicionado e, grazas a iso, aseguramos unha instalación de calidade.

Grandes superficies

Antes de proceder coa instalación dos sistemas de climatización ou aire acondicionado en Pontevedra, en Kenfri realizamos un estudo previo da estancia e creamos un proxecto personalizado para asegurar o bo funcionamento do sistema de climatización que se vaia a instalar.

 ¡Encárganos la instalación de tu aire acondicionado en Pontevedra!

Encárganos a instalación do teu aire acondicionado en Pontevedra!

Aínda que hai empresas que ofrecen aire acondicionado sen instalación en Pontevedra, en Kenfri queremos ofrecer un servizo integral para brindarlle unha maior comodidade ao cliente. Este é o motivo polo cal destacamos na instalación de aire acondicionado, pois prestamos atención a cada detalle para conseguir que o seu funcionamento sexa adecuado e permita regular a temperatura de todas as estancias nas que se instale.

Se estás a pensar en comprar aire acondicionado en Pontevedra non o dubides máis e contacta connosco. Ademais, para ofrecer un servizo moito máis completo, tamén podemos encargarnos do mantemento dos equipos e sistemas. No noso equipo contamos con instaladores de aire acondicionado con gran experiencia e unha excelente formación, contáctenos!

Vantaxes de instalar aire acondicionado

Control de temperatura

O aire acondicionado permite a climatización das zonas nas que se instale, podendo regular unha temperatura maior ou menos segundo as circunstancias. Cos sistemas de climatización en Pontevedra que instalamos poderás subir a temperatura os días fríos para aumentar o confort ou reducila os días de máis calor para combater a calor.

Circulación do aire

A instalación dun sistema de climatización no fogar, lugar de traballo ou calquera outra edificación axuda á renovación do aire interior, facendo posible que as as persoas que fan uso da propiedade poidan respirar un aire máis limpo e saudable en todo momento.

Menor nivel de humidade

A aparición de humidades pode ser a causa de moitas patoloxías respiratorias; o noso servizo de instalación de aire acondicionado en Pontevedra axuda a previr e reducir as humidades, pois se consegue que o ambiente xeneral da estancia sexa moito máis seco

Sistemas silenciosos

É moi común a crenza de que os sistemas de climatización ou os aires acondicionados son ruidosos, pero o certo é que en Kenfri traballamos coa última tecnoloxía para conseguir que todas as instalacións de aire acondicionado que realizamos sexan o máis silenciosas posible.

Buscas o mellor método de tratamento do aire? Descobre o sistema HVAC!

Este sistema de climatización combina a calefacción, a ventilación e o aire acondicionado, poderás gozar de todas as vantaxes dos diferentes sistemas con tal só un! É especialmente efectivo no que á renovación do aire refírese, pois se encarga de optimizala ventilación das estancias para mellorar a calidade do aire do seu interior.

Ponche en contacto co equipo profesional de Kenfri e brindarémosche máis información sobre este sistema de climatización, estamos en Pontevedra!

¿Buscas el mejor método de tratamiento del aire? ¡Descubre el sistema HVAC!
¿Buscas el mejor método de tratamiento del aire? ¡Descubre el sistema HVAC!

Especialistas en sistemas de climatización para grandes superficies

Estás a buscar sistemas de climatización en Pontevedra para o teu negocio ou para algunha edificación de grandes dimensións? En Kenfri somos expertos na instalación dos sistemas de climatización VRV. Aínda que son moitos os beneficios que ofrece como, por exemplo, o feito de permitir a refrixeración e calefacción ao mesmo tempo ou o ter un baixo consumo, a característica máis diferenciadora deste sistema de climatización é que permite a climatización individual das diferentes estancias que compoñen grandes superficies, polo que é a alternativa ideal para centros comerciais, hoteis, hospitais...

Somos unha das empresas de climatización máis prestixiosas en Pontevedra polo que non dubides en contactar connosco e pedirnos máis información sobre o sistema de climatización VRV. Chámanos!

Desenvolvemos proxectos a medida de climatización en Pontevedra. Cóntanos que necesitas!

Traballamos por e para os nosos clientes, co único obxectivo de atender ás súas demandas e brindarlle a solución en climatización que poña satisfaga as súas necesidades. Visita as instalacións de Kenfri ou ponche en contacto connosco e encargarémonos de estudar cal é o teu mellor alternativa en sistemas de climatización ou aire acondicionado, desenvolveremos un proxecto a medida e totalmente personalizado!

Financiado por la Unión Europea - NextGenerationEU. Sin embargo, los puntos de vista y las opiniones expresadas son únicamente los del autor o autores y no reflejan necesariamente los de la Unión Europea o la Comisión Europea. Ni la Unión Europea ni la Comisión Europea pueden ser consideradas responsables de las mismas.